Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Agenda

O historiador Bechir Yazidi presentará o seu libro “El exilio republicano en Túnez”

“Nomes e Voces”, 29/10/2009 | 31 octubre 2009

Na Facultade de Xeografía e Historia, en Santiago de CompostelaActo organizado polo Proxecto “Nomes e Voces”

O historiador tunesino Bechir Yazidi presentará, o vindeiro mércores día 4 de novembro ás 11.00 horas no aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, o seu libro titulado El exilio republicano en Túnez (Edicións Embora, 2008), nun acto organizado polo Proxecto de Investigación “Nomes e Voces”.

O acto, presentado polo Catedrático de Historia Contemporánea e Investigador Principal do Proxecto, Lourenzo Fernández Prieto, contará coa presenza do autor, que visita Compostela no marco do traballo de colaboración entre o Proxecto «Nomes e Voces» e o Institut Supérieur d’Histoire du Mouvement National da Université de la Manouba que coordina Bechir Yazidi en torno ao estudo da represión a través da fonte oral. Este traballo céntrase no caso da represión colonial francesa en Túnez e franquista en Galicia.

Bechir Yazidi é doutor en Historia Contemporánea e investigador do Institut Supérieur d’Histoire du Mouvement National (ISHMN) de La Manouba (Túnez). Experto nas relacións entre os países ribereños do Mediterráneo occidental, e especialmente das relacións entre España e o Magreb. En 2005 publicou El dominio del Estado y la política colonial en Túnez desde 1881 hasta la crisis de los años 30.

http://www.nomesevoces.com/victimas/ga/web/notic.php?id=124