Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

Atraso inxustificábel na retirada da simboloxia franquista

Comissom pola Recuperaçom Memória Histórica da Corunha | Kaos, 31-12-2009 | 10 enero 2010

O pasado 27 de decembro cumpríronse dous anos da publicación no Boletín Oficial do Estado da Lei da Memoria Histórica

 

E van cumprirse catro meses desde que o Pleno da corporación municipal da Coruña aprobase a retirada de 53 símbolos franquistas, entre eles os nomes de 23 rúas da cidade.

É absolutamente inxustificable que despois deste tempo non estea retirada xa a estatua de Millán Astray; que aínda continúe a placa, no lateral de Capitanía, que homenaxea a figura do golpista Cánova Lacruz, militar que o 18 de xullo de 1936 estaba ao mando das tropas sublevadas contra a República. É unha vergoña que no cuartel de Atocha, aínda figuren os escudos da ditadura, que son ilegais desde 1981.

¿A que espera o alcalde para retirar as placas das rúas franquistas e restituír os nomes tradicionais, como prometeu?: Juan Canalejo debe ser substituído polo nome tradicional de Rúa do Socorro; Xeneral Mola debe deixar paso ao nome tradicional de Fonte de San Andrés. A praza de Millán Astray pode ter o nome de Cuartel de Atocha; A praza de Cánovas Lacruz pode chamarse Praza do Parrote, etc.

En canto ao proceso para a substitución das placas das rúas, desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica consideramos que manter durante un tempo o nome vello da rúa xunto ao novo, sería un auténtico despropósito –non coñecemos un concello que seguise ese método- e que non contribuiría máis que a aumentar a confusión entre os veciños e as persoas que visitan a cidade. O que debe facer o concello é informar aos veciños desas zonas do cambio de nome das rúas; informar tamén a Correos deses cambio e pedir que manteña o reparto da correspondencia que leve o nome vello. Por outra parte, o concello debe facilitar as cousas á cidadanía, informando dos cambios das rúas á empresas telefónicas, de auga, gas, electricidade, entidades bancarias, etc.

O ano 2009 foi moi positivo e xa cualificamos como un feito histórico a aprobación da retirada de 53 símbolos franquistas, despois de que o Goberno Municipal mantivese durante anos que na Coruña non había simboloxía franquista, que só era simboloxía histórica, que había que conservar. Esperamos que o novo 2010 traía ao Alcalde un pouco máis de decisión e vontade política para aplicar a Lei da Memoria Histórica e os acordos dos Plenos da corporación

 

http://www.kaosenlared.net/noticia/atraso-inxustificabel-na-retirada-da-simboloxia-franquista