Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Agenda

Presentación do libro «Facendo Historia con memoria» de Lourenzo Fernández Prieto

agenciabarreiro, 18 de enero de 2010 | 20 enero 2010

Mércores, 20 de xaneiro, ás 20.00 horas. Fundación Caixa Galicia de A Coruña

 

 

Estimados/as amigos/as,

3C3 Editores comprácese en convidalo/a á presentación do libro Facendo Historia con memoria de Lourenzo Fernández Prieto

No acto intervirán Ernesto Sánchez Pombo –xornalista–, Manolo Barreiro –analista político e autor do limiar–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.

LUGAR: Sede da FUNDACIÓN CAIXA GALICIA – SALA DE PRENSA (Cantón Grande, 21-24. A Coruña).

DÍA: Mércores, 20 de xaneiro, ás 20.00 horas.

 

CONTIDO (Descrición da obra):

– Lourenzo FERNÁNDEZ PRIETO, Facendo Historia con memoria. Colección VILARNOVO / Ideas e realidades.

Este libro trata do noso pasado máis incómodo: o golpe de Estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. Cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre triúnfan as dos vencedores. Só a construción histórica do pasado pode evitar este desequilibrio. O volume recolle un feixe de artigos escritos nos últimos anos por este catedrático de Historia Contemporánea da USC, que comentan como se vén recuperando ese pasado incómodo e as reaccións sociais diante deste proceso. O limiar é de Manuel M. Barreiro.

 

http://agenciabarreiroforever.blogspot.com/2010/01/presentacion-do-libro-facendo-historia.html