Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Noticias

200.000 visitas na páxina web www.memoriadacoruna.com.

Comisión pola Recuperación da MH da Coruña, | 11 junio 2010

Para celebrar este acontecemento publicaremos na nosa páxina web un amplo informe sobres as fosas de Aranga

 

 NOTA DE PRENSA

* 200.000 VISITAS NA PÁXINA WEB

* INFORME SOBRE AS FOSAS DE ARANGA

   Comunicamos unha extraodinaria noticia: nas próximas horas a páxina web da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (www.memoriadacoruna.com) chegará ás 200.000 visitas.

   Para celebrar este acontecemento publicaremos na nosa páxina web -a partir do xoves, 10 de xuño- un amplo informe sobres as fosas de Aranga, que foi coordinado polos historiadores Emilio Grandío e Eliseo Fernández. Esperamos que este material sirva como soporte para a publicación de reportaxes sobre o maior número de fosas de Galicia, que se concentran no concello de Aranga, con máis de 80 persoas.

   A páxina web, que depende directamente do responsábel de Comunicación da CRMH,  iniciouse o 15 de marzo de 2008 e acadou 100.000 visitas o 27 de agosto de 2009. Nos últimos meses tivo unha media de 10.000 visitas mensuais.

   Ademais de recoller información sobre o nacemento e obxectivos da CRMH, esta páxina web é o mellor escaparate das actividades da nosa asociación. Poden atoparse os documentais sobre Os mortos do Portiño, O resplandor das Atochas, celebración do Día da República. As campañas que realizamos: Juan Canalejo non era cardiólogo; Roteiros da Vergoña; Supresión da simboloxía franquista; Non queremos a Franco como Fillo Adoptivo; A voda do pazo de Meirás; Quen era o xeneral Sanjurjo?; Millán Astray non era un coruñés de pro; Todos os nomes das vítimas da represión franquista; Fosas de Aranga.

   A páxina web tamén ten como contidos un canle de vídeos Vimeo, referido a actos protagonizados pola CRMH, como a celebración do nomeamento a Mª Terese Alvajar como Republicana de Honra 2009, outros vídeos titulados “Cea da República 2009”, III Marcha contra a Simboloxía Franquista, IV Marcha contra a Simboloxía Franquista na Coruña, “A Fuxida do Portiño”, “Pazo de Meirás”, e o trailer da cura “Campás”.

   No aspecto gráfico existe un arquivo de imaxes recollido en varios álbumes de fotos Picassa, como por exemplo, o “Roteiro de Foucellas”, a “Cea da República 2010”, A “Asemblea da CRMH 17-12­09”, as “Fotos do Vodorrio de Meirás”, e o “Acto de solidariedade coas vítimas do franquismo e co Xuíz Garzón”.

   Outro contido da páxina web da CRMH é a listaxe de represaliados da comarca da Coruña, feita polo proxecto internuniversitario “As Voxes, os Nomes”, pertencente ás tres universidades galegas, listaxe que recolle máis de 600 nomes de persoas asesinadas polo franquismo en dez concellos da comarca da Coruña, todos eles debidamente certificados científicamente polo devandito proxecto internuniversitario, que está formado por historiadores de probada solvencia e profisionalidade.

   Tamén está un apartado denominado “Hai que Cazalos”, apartado interactivo que permite a colaboración de internautas que teñan datos para denunciar os vestixios de simboloxía franquista que aínda quedan na Galiza. Alí aparecen, pois, probas gráficas dos mesmos xunto cun pequeno comentarios sobre a súa natureza.

   En fin, diversas enquisas, a listaxe de asinantes do manifesto contra a simboloxía franquista na Coruña, variados recursos gráficos, e un contador de entradas e estatísticas sobre a repercursión que ten a páxina web www.memoriadacoruna.com no ciberespacio mundial, completan o máis que variado menú da mesma.

   Na portada da páxina web tedes o cartel do Roteiro polas fosas de Aranga, que realizaremos este sábado pola tarde. Pregamos a máxima difusión desta actividade.

   Aqueles medios de comunicación que desexen cubrir a información do Roteiro poden reservar praza gratuita no autobús que sairá do aparcamento da Torre de Hércules ás 17 horas.

   Moitas grazas pola vosa atención.

   A Coruña, 10 de xuño de 2010

   Asdo. Rubén Afonso Lobato, responsábel de Comunicación