Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Agenda

18 de xullo. Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón

CRMH da Coruña, | 8 julio 2010

Programa de Actividades

 

O 18 de xullo, as asociacións pola recuperación da memoria histórica de Galiza que asinamos a Iniciativa Galega pola Memoria, imos levar a cabo unha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón, no que presentaremos o manifesto de reivindicacións que acordamos e lembraremos con este acto aos que estiveron presos nesa illa agardando o seu fatal final e, neste ano, especialmente ás súas familias.

Para asistir a este acto debes de poñerte en contacto cunha das Asociacións ou Fundacións asinantes, co fin de organizar o transporte á illa, pois temos limitada a asistencia á 300 persoas. No caso da Coruña e comarca, chamar ao teléfono 645029338, ou mandade un correo electrónico rupo@mundo-r.com Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  antes do 14 de xullo.

 

Programa:

· 10:00 Embarque desde o porto de Cesantes.

· 11:00 Lectura do manifesto e intervencións das familias dos represaliados

· 11:30 Actuacións poético-musicais.

· 12:00 Ofrenda floral no balo do cemiterio

· 14:00 Embarque de regreso a Cesantes.

http://www.memoriadacoruna.com/index.php/novas/1364-18-de-xullo-homenaxe-nacional-as-vitimas-do-franquismo-en-san-simon.html