Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Noticias

Xornada homenaxe ao combatente e loitador antifranquista Segundo Vilaboy Martínez

Estación Atlántica, 20 de agosto de 2010 | 21 agosto 2010

En Ferrol o 28 de agosto de 2010

 

Ferrolán, traballador dos estaleiros e Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, foi asasinado no ano 47 a garrote no cárcere de Caranza despois de ser detido, torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca coa intención de que delatara aos seus camaradas, cousa que non foron quen de conseguir.

Obreiro e comunista, adicou toda a súa vida á loita pola liberdade da súa clase. Podemos lembrar a súa participación, canda aos seus irmáns, na coñecida como folga do aceite nos estaleiros. Segundo Vilaboy era un combatente e un loitador, un exemplo de compromiso e adicación á loita antifranquista, e ademais, como lembran os máis achegados, unha gran persoa, un verdadeiro Camarada, alguén no que se podía confiar, todo un exemplo a seguir.

 

Actos da xornada

17:00 Ofrenda Floral no cemiterio de Catabois. Cadro 352.

18:30 Charla a cargo de Bernardo Máiz Vázquez(Historiador).

“Segundo Vilaboy no Antifranquismo Galego(136-1954)”

Bar Chimarrao(Rúa Sartaña 61)

21:30 Concerto:

RPG 7

MOSSIN NAGANT

MENCER VERMELLO

Bar Chimarrao(Rúa Sartaña 61)

Entrada 5€

Agardamos a máxima difusión posible desta xornada.

Máis información na web

http://www.homenaxeasegundovilaboy.blogspot.com/

http://estacionatlantica.blogspot.com/2010/08/xornada-homenaxe-ao-combatente-e.html