30 de outubro: homenaxe aos represaliados no campo de concentración de Cedeira
Reunión preparatoria da homenaxe aos represaliados do campo de concentración de Cedeira
15 de setembro de 2010 Hoxe xuntámonos co alcalde de Cedeira José Luis Vergara, en representación de Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán como asociacións co-organizadoras, para detallar o plan de traballo dos actos conmemorativos que se celebrarán o vindeiro 30 de outubro na Praza da Constitución da vila e no que se lle renderá homenaxe aos máis de 380 presos que estiveron detidos en condicións infrahumanas no campo de concentración ubicado fronte á praia desta localidade durante a guerra civil.
A meirande parte das persoas encarceradas no campo proviñan de Asturias, por este motivo o propio presidente do Principado Vicente Álvarez Areces comprometeu a súa asistencia a este acto de reparación, nunha reunión mantida con membros do comité organizador na sede do Goberno asturiano o pasado mes de abril, e a colaboración institucional do seu executivo.
Agárdase que ao acto acudan desde esta comunidade autónoma centos de familiares de represaliados e asociacións. O Concello de Cedeira celebrará paralelamente un acto de recordo e homenaxe aos membros da corporación municipal republicana da vila, que sufriu a represión e morte por parte dos sublevados contra a orde constitucional.
Desde o comité organizador invitan a familiares e achegados a se pór en contacto para participar no desenvolvemento do evento nos teléfonos 635 470 038 ou 660 571 291.
Necesitamos a túa colaboración! se tes información, fotografías, eres familiar, ou simplemente desexas colaborar na difusión do acto, segue a ler esta noticia…