Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Noticias

Coruña: Máis de vinte rúas cambiarán de nome, a metade delas por segunda vez na súa historia

La Voz de Galicia, 13/11/2010 | 14 noviembre 2010

O proceso de selección das rúas que deberían cambiar de nome estivo precedido da formación dunha comisión de expertos

 

O cambio de nome da rúa Xeneral Sanjurjo pola de avenida de Oza forma parte da proposta formulada no seu día pola Comisión de Honras e Distincións do Concello da Coruña en aplicación da lei da memoria histórica. É un dos 22 viarios que está previsto que cambie de nome en aplicación da mencionada lei.

A metade destes viarios tiveran xa antes outro nome, que no caso a nova avenida de Oza foi García Prieto, desde 1907, estrada da Pasaxe, ata 1931, e Xeneral Sanjurjo desde o ano 1936, segundo unha investigación levada a cabo polo historiador José Alfeirán.

O proceso de selección das rúas que deberían cambiar de nome, para evitar a presenza de elementos franquistas no rueiro e cumprir a lei da memoria histórica, estivo precedido da formación dunha comisión de expertos que debateron o papel das persoas que daban nome a esas rúas dentro da ditadura franquista.

Desde o goberno municipal coruñés apuntouse que o primeiro dos viarios que cambiaría de nome sería outra avenida, a de Alférez Provisional que pasaría a ser a avenida do Porto. Con todo, aproveitando as obras que se están levando a cabo en Oza, decidiuse empezar os cambios por este viario.

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/11/13/0003_8846415.htm