Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Agenda

Galiza Nova renderá homenaxe en Viveiro aos represaliados do franquismo

La Voz de Galicia, | 12 diciembre 2010

O acto desenvolverase o día 18 na praza Maior, dentro das Xornadas do Reino de Galicia

 

VIVEIRO?/?A VOZ.

Galiza Nova convoca a todos os veciños de Viveiro, en especial aos familiares dos represaliados do franquismo, a un acto de homenaxe ás vítimas da ditadura, que terá lugar o día 18, ás 12.00 horas, na praza Maior. Intervirán Bernardo Fraga, responsable comarcal de Galiza Nova, e Iria Aboi, secretaria xeral da formación. E actuará a Banda de Música de Viveiro. Galiza Nova reivindica así a liberdade e a democracia fronte «á represión que esnaquizou vidas, soños e ilusións».

A relación de fusilados inclúe a Balbino Cerdeiras Rei, Victoriano Xabier Soto Valenzuela, Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras, Segundo Arias Pérez, Manuel Guerreiro Rivera, Ángel Varela Freixeiro, Avelino Casteleiro Fontán, Manuel Ferreiro Rapa, Francisco Díaz Quelle, Manuel Timiraos Cervo, Benito Colín Veiga, José Correa Miranda, Antonio Trujillo Rodero, Agustín Rouco Vilar, Antonio Lafuente Jiménez, Emilio Timiraos Cervo, Eloy Prieto Fernández, Marcelino Albo Meitín, José Vázquez Lide, Jesús Belas Cao, José Fernández Fernández, Germán Cervo Maseda, Juan Martínez Corral , Agapito García Atadell, Pedro de Penabad e Felipe del Olmo Montesinos.

Os paseados e mortos de forma violenta foron José María Almoina Chao, Domingo Galán Jambrina, Carlos Morris Soriano, José Vidal Urrutia, Luis García Branco, Luis Sánchez Mendezona, Andrés Vale Branco, Pedro López Fernández, Jesús Chao García, María Josefa Casabella Fernández, Felicitas Casabella Fernández, Encarnación Casabella, Alejandro Temblás Paz, Celestino Pérez Bermúdez e José Antonio Rei Rodríguez.

No cárcere morreron José López Martínez, Higinio Cambeses Carreira, Alberto Lamelas Fernández, Jesús Pérez Bermúdez, José Costa Pardo, Ignacio Rivera Quintana e Ángel Castro Rábade. Vicente Serra e Manuel Lamelas pereceron en campos de traballo ou de concentración. Na fronte republicana faleceron tres máis: José Gómez Lamelas, Manuel Rodríguez Lago e Claudio Quelle Cociña. A lista complétase cos mortos no monte: Severino Bouza Pardo, Balbino Gómez Rodríguez, Cándido Soto Gómez, José Fernández Picos, José Neira Fernández, Amandino Neira Fernández, Modesto Vilar Insua, Ceferino Fernández Formoso, Jesús Iglesias Vázquez, Luis Ribeira, Benedito Fuentes Díaz, Marcelino A. Rodríguez Fernández, Manuel Gato Ramudo, José Vázquez Gómez, Luis Trigo Chao, Antonia Díaz Pérez, Leonardo Gómez Pérez, Benedito Escourido Cobo, José Porto Lestegás, Venancio Seoane Rouso, Francisco Insua Mariño, José López Chao, Francisco Núñez Rodríguez, Perfecto Castro Martínez, José Felpeto Gómez, José Pedreira da Igrexa, Juan Pérez Dopico, Juan Galego Abeledo, Josefa Escourido Cobo, Celia González Pernas, Tomás Malleiro García, Vicente Vidal Pardo, José Temblás Paz, José Chao Rouco, Antonio López e Alberto Teodoro Franco Lamela

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2010/12/12/0003_8903972.htm