Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Agenda

Identificados en Brollón 63 veciños que sufriron a represión franquista

La Voz de Galicia, 06-01-2011 | 7 enero 2011

O Concello elaborou unha lista das vítimas que serán obxecto dunha homenaxe o sábado

Francisco Albo MONFORTE/A VOZ. 6/1/201

O Concello da Pobra do Brollón conseguiu identificar a un total de 63 veciños do municipio que sufriron a represión política durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, aos que se dedicará unha homenaxe o vindeiro sábado. Na lista das vítimas figura o antigo concelleiro Antonio Reboiro Rodríguez, que foi fusilado en Lugo en marzo de 1938. No entanto, a homenaxe non se limitará aos executados ou «paseados» senón que se estenderá a todos aqueles que padeceron represalias dunha ou outra forma.

Ademais de Antonio Reboiro, tamén morreron naquela época os veciños Juan Abramo Deus, Dositeo Casanova Álvarez, Jesús Casas Martínez, José Casas Martínez, Emilio Díaz Soto, Alfonso Fernández, José María García Moral, Ricardo García Moral, Gervasio González Rodríguez, Laureano López Arango, José López Centeno, Carmen Maceda Macía, Perfecto Quiroga Camiño, Odilo Rodríguez, Amador Rodríguez Guerra, Rogelio Rodríguez Fernández, Joaquín da Silva Ferreiro, José Rodríguez Silvosa, e Ramón Somoza Álvarez. Non chegou a correr a mesma sorte José Ferreiro López, que foi condenado á morte polos sublevados, pero viu logo conmutada a sentenza. A documentación reunida polo Concello sinala que tamén morreu de forma violenta outra persoa, cuxo nomee non se puido pescudar.

Outros dezaseis veciños do municipio foron encarcerados durante diferentes períodos de tempo: Libertad Amaro López, Miguel Cal Castro, Plácido Carballo Díaz, Vicente de la Fuente Pérez, Manuel García, Esperanza Gómez González, Manuel González Fernández, Abel González González, Anselmo González López, Manuel Macía Díaz, José Morillo Díaz, Celestino Olmo Álvarez, Rodrigo Pérez Besteiro, Esteban Quiñones Mistral, Julio Rodríguez Vila e Marcelino Valcárcel Pedredo. Noutros cinco casos, a represalia limitouse a unha detención: Manuel Jul Taboada, Manuel Maceda López, Serafín Macías Rivera, Pedro Prieto Prada e Domingo Vázquez Carballo.

Procesos e sancións

O réxime franquista, por outra banda, someteu a procesamiento a Juan Casas Fernández, Serafín Fernández Prieto, Celestino López Salcegama, Álvaro Naveira Vázquez e Benedito Santos Salvador, e impuxo diversas sancións a Bonifacio Arias Pérez, Manuel Carril Armesto, Ángel Casas Rodríguez, José Díaz Rodríguez, Benxamín Fernández Castaño, José Fernández Díaz, J.R. González Fernández, José López Casas, Álvaro López Fernández, Jesús Macía e Macía, José Moreira López, Felipe Núñez Rodríguez, Saturnino Parada Fernández e Celestino Torres. Outro veciño, Antonio Morillo Díaz, figura na documentación simplemente como «represaliado», sen máis precisións.

Os nome dunha parte destas vítimas xa foron reccogidos hai tempo na páxina web do proxecto de investigación histórica Nomes e Voces, promovido polas universidades galegas.

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/01/06/0003_8948283.htm?idioma=galego