Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Noticias

Carmen Franco está “triste” e non veraneará máis no pazo de Meirás

Xornal.com, 30/04/2011 | 1 mayo 2011

A filla do ditador cre que a apertura ás visitas é “una venganza fuera de lugar”

 

DANIEL PRIETO

Carmen Franco está triste e “amargada” pola recente apertura ao público do pazo de Meirás, a construción situada no municipio coruñés de Sada ideada pola escritora galega Emilia Pardo Bazán, que foi usurpada polo franquismo en plena Guerra Civil. Disto informou onte o xornalista Jesús Mariñas na revista Tiempo, nun artigo no que asegura que a filla do Generalísimo “está dolida y sorprendida”, xa que o acceso de visitantes ao recinto durante todos os venres do ano parécelle “desordenado y arbitrario” e unha “venganza fuera de lugar”. Ao parecer, María del Carmen Franco y Polo comunicoulle a decisión “de no pisar Meirás ningún verano más” aos seus “más íntimos” amigos, e mesmo se cuestiona “visitar el casoplón coruñés de Cornide”.

O recinto foi entregado ao ditador en 1938 a través de expropiacións forzosas e “donativos” que os veciños de Sada efectuaron a punta de pistola. A partires de entón, Meirás converteuse na icona do franquismo e pasou a ser a residencia estival do ditador, onde­ celebrou numerosos Consellos de Ministros. Tras 73 anos do espolio do inmoble, a Xunta do PP fixo efectiva a súa apertura con tres anos de atraso, despois de ser declarado Ben de Interese Cultural a instancias do bipartito. A duquesa de Franco, que segundo Mariñas “tiene un carácter tan firme como el de su padre”, decidiu non regresar porque está “muy afectada en lo anímico” co acceso de visitantes ao edificio e aos xardíns, nos que “gastó un dineral”. Para a propietaria do pazo, a apertura supón un “agravio comparativo de la Xunta popular”. “Lástima por Meirás, La Coruña pierde uno de sus encantos veraniegos con la ausencia de los Franco”, prosegue Mariñas.

Unha opinión nas antípodas da de Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entidade que esixiu que o pazo “roubado” pase ao patrimonio público. “É unha boa noticia que Carmen Franco decidira non volver a Meirás indefinidamente. Saben que non son ben recibidos”, asegura.

Para entrar en Meirás, os visitantes deben dar os seus datos persoais á empresa privada Prosegur, que elabora a información que só en castelán se dá no percorrido e omite calquera referencia sobre a forma en que o inmoble pasou a mans de Franco. Ademais, a Xunta sufraga con 9.000 euros parte da seguridade privada os días de visita.

“Cómo han cambiado las cosas, Meirás ahora puede ser visitado cuatro días al mes”, afirma Jesús Mariñas. Pois si, cambiaron bastante. Por sorte.

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/30/galicia/carmen-franco-triste-non-veraneara-mais-no-pazo-meiras/2011043000163201533.html