Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Noticias

‘The Telegraph’ exemplifica co pazo de Meirás o espolio dos Franco

Xornal, 08/03/2011 | 3 mayo 2011

O xornal alude a outras propiedades “entregadas” ao ditador

 

D. P.

O diario británico The Telegraph publicou na súa edición de onte un artigo no que pon de exemplo o pazo de Meirás como caso paradigmático do patrimonio espoliado polos familiares do ditador, que Historiadores e investigadores cifran nuns 500 millóns de euros. No artigo, titulado Os ditadores e os seus fillos; a familia esquecida de Franco, asinado por Fiona Govan, fai un percorrido pola “loita” en marcha en España“para que a súa familia devolva os bens ao Estado” 35 anos despois da morte do ditador.

O periódico afirma que “a cuestión de que facer coa familia do ditador logo da caída do réxime é aínda un asunto delicado en España, onde os herdeiros do xeneral Franco gozan de privilexios e riquezas a pesar da transición democrática tras a súa morte en 1975”. A continuación, o medio británico indica que a Xunta “leva loitando varios anos para desaloxar á familia Franco do pazo de Meirás”, obviando que o Goberno galego foi acusado de “conivencia” coa familia de Franco pola oposición ao non cumprir coa apertura.

O Telegraph lembra que a antiga residencia de Emilia Pardo Bazán pasou a mans de Franco e logo “aos seus herdeiros e aínda funciona como casa estival para a súa filla e netos”, que gozan dos “botíns” do franquismo. Ademais, asegura que a Xunta “está decidida a abrilo ao público” e reflicte que “a familia situouse en contra e o asunto estase resolvendo nos tribunais”, cuestión que xerou “un debate nacional”.

O xornal alude a outras propiedades “entregadas” ao ditador, menciona “o pacto de silencio” da Transición e refírese á suspensión ao financiamento da Fundación Franco en 2007.

http://www.xornal.com/artigo/2011/03/01/galicia/diario-britanico-the-telegraph-exemplifica-espolio-da-familia-franco-co-pazo-meiras/2011030122570303794.html