Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Agenda

4º Roteiro da vergoña pola eliminación da simboloxía franquista

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, | 11 octubre 2011

Domingo, 16 de outubro

 

Despois de dous anos da aprobación polo Pleno da corporación municipal da Coruña da eliminación de máis de 50 símbolos franquistas, aínda está sen cumprir ese acordo.

Nalgún caso o concello xa aprobou o nome da rúa que sustituirá  á eliminada, como  Alferez Provisional, que é Avenida do Porto.

A situación actual é unha auténtica vergoña para A Coruña e resultado da desidia do alcalde Losada e dos compromisos do alcalde Negreira cos nostálxicos do franquismo.

No Pleno de 7 de setembro de 2011 o PP negouse a debater unha moción que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) enviou a todos os grupos municipais e que dicía nos seus puntos 3 e 5:

“Retirar no prazo de tres meses o escudo franquista, ilegal desde hai trinta anos, da vidreira da escaleira principal do palacio municipal de María Pita.

Retirar, no prazo dun mes, as placas das rúas franquistas que xa teñen aprobada a rúa da súa substitución no pleno da corporación municipal. Retirar, no prazo de tres meses, o resto das placas e símbolos franquistas, previa aprobación polo pleno das rúas alternativas.”

A CRMH vai continuar coas súas actividades para esixir a retirada da simboloxía franquista e recurrirá aos tribunais de xustiza, se é necesario, para que se cumpra o acordo do Pleno municipal de 7 de setembro de 2009.

O roteiro, será máis reducido que o primeiro, realizado o 28 de maio de 2005. Comezará ás 12,30 en Alferez Provisional (xunto a Correos), continuará por xeneral Mola (fonte de Santo André) e acabará en Juan Canalejo.

Xa foi comunicada á Delegación do Goberno en Galicia a realización desta marcha cívica.

Un cordial saúdo.

A Coruña, 7de outubro de 2011

Asdo. Rubén Afonso Lobato, responsable de Comunicación

http://www.memoriadacoruna.com/