Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Artículos y Documentos

Alegación aos orzamentos do concello para 2012

CRMH da Coruña, 13-12-2011 | 14 diciembre 2011

Presentada pola CRMH da Coruña hoxe ás 10’30 h. no rexistro municipal de A Coruña

 

 

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Rúa dos Olmos, 16 e 18, 1º

15003  A Coruña

CIF. G-70026687

 

Sr. Alcalde Concello da Coruña

ALEGACIÓN QUE PRESENTA A COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA (CRMH) AOS ORZAMENTOS DO CONCELLO DA CORUÑA PARA 2012

Fernando Souto Suárez, con DNI ……..como presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e domicilio a efectos de notificación na rúa Olmos 16, 1º, 15003 A Coruña,

 

EXPÓN

1. Que recibimos notificación do concello da Coruña no que, unilateralmente, renunciaba á continuidade para 2012 do convenio que tiña coa nosa asociación.

2. Que despois da aprobación inicial dos Orzamentos Municipais puidemos comprobar que a CRMH quedaba excluída dos convenios nominativos de cultura para o exercicio 2012.

3. Que durante os últimos anos houbo unha colaboración institucional entre o concello da Coruña e a CRMH, a través dun convenio anual de aproximadamente 6.000 euros, que permitiu a realización de numerosas actividades, publicacións e homenaxes ás persoas que loitaron pola democracia e a liberdade.

4. Que o Congreso dos Deputados aprobaba por unanimidade o 20 de novembro de 2002, coincidindo co aniversario da morte do ditador Franco e o víxésimo quinto aniversario das primeiras eleccións democráticas despois da Ditadura, a seguinte declaración, na que instaba aos concellos a apoiar actividades como as desenvolvidas pola CRMH:

“El Congreso de los Diputados reitera que nadie puede sentirse legitimado, como ocurrrió en el pasado, para utilizar la violencia con la finalidad de imponer sus convicciones políticas y establecer regímenes totalitarios contrarios a la libertad y a la dignidad de todos los ciudadanos, lo que merece la condena y repulsa de nuestra sociedad democrática.

El Congreso de los Diputados reafirma, una vez más, el deber de nuestra sociedad democrática de proceder al reconocimiento moral de todos los hombres y mujeres que fueron víctimas de la Guerra Civil española, así como de cuantos padecieron más tarde la represión de la dictadura franquista. Instamos a que cualquier iniciativa promovida por las familias de los afectados que se lleve a cabo en tal sentido, sobre todo en el ámbito local, reciba el apoyo de las instituciones, evitando en todo caso que sirva para reavivar viejas heridas o remover el rescoldo de la confrontación civil”.

5. Que, como dicía Julio Casanova, catedrático de Historia: “Recordar a las víctimas es un deber cívico”.

6. Que, como sinalaba nas súas conclusións o Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz, celebrado en Compostela en decembro de 2010, a CRMH está a realizar unha importante labor social: “A memoria, o recordo, o recoñecemento do pasado, é unha ferramenta de presente, en tanto que espazo crítico para valorar os dereitos humanos, e unha ferramenta de futuro, como mellor antídoto contra a violencia. Pode ser, por tanto, valorada como a linguaxe e espazo crítico dos dereitos humanos. Ignorar o pasado e impedir o recordo fomenta a inestabilidade social e obstaculiza a interacción pacífica no presente.”

7. Que o concello da Coruña non pode tomar unha actitude como a denunciada por Juan Gelman, Premio Cervantes 2007: “Después de los dictadores vienen los organizadores del olvido”.

8. Que non estamos ante unha falta de cartos ou unha política de austeridade, xa que o concello da Coruña dedica partidas importantísimas a subvencionar actividades como a chamada “Feira Taurina” (130.000 euros); Concurso Hípico en Arteixo (170.000 euros), patrocinado por un empresario que ten uns ingresos diarios en dividendos de 1,6 millóns de euros; 300.00 euros están presupostados para un partido de baloncesto da selección española…

9. Que a exclusión da CRMH e outras entidades da cidade, que realizan numerosas actividades e teñen un recoñecido prestixio social, pode interpretarse como unha decisión tomada baseándose en criterios ideolóxicos e políticos, violando o criterio de igualdade recoñecido na Constitución.

10. Que o concello da Coruña non deu ningunha explicación, nin pública nin privada, dos motivos para excluír á CRMH dos convenios para o ano 2012,

 

SOLICITAMOS

Que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) sexa incluída nos Orzamentos Municipais para 2012 dentro dos convenios que ten establecidos a concellaría de Cultura, nas mesmas condicións que nos últimos catro anos.

Reciba un cordial saúdo.

A Coruña, 13 de decembro de 2011

Asdo. Fernando Souto Suárez

www.memoriadacoruna.com