Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Artículos y Documentos

Conclusións do Coloquio Internacional ‘Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz’

Nomes e Voces, 31 Ene 2012 | 1 febrero 2012

Do día 13 ao 15 de decembro expertos internacionais de primeiro nivel reuníronse en Compostela

 

Do día 13 ao 15 de decembro expertos internacionais de primeiro nivel reuníronse en Compostela no Coloquio Internacional ‘Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz’ que organizou o proxecto ‘Nomes e Voces’ dentro das actividades do Foro 2010. O acto foi inaugurado polo director do proxecto, Lourenzo Fernández Prieto e polo o historiador e profesor emérito da Universidade de Nova York Nicolás Sánchez Albornoz, encargado de pronunciar a conferencia inaugural.

O coloquio contou entre os seus convidados a destacados estudosos da recuperación da memoria histórica, procedentes de España e de fóra. É o caso do xornalista e escritor arxentino Horacio Verbitsky, o catedrático Julián Casanova (membro do grupo de expertos encargado da busca de fosas comúns e a identificación das vítimas no sumario contra os crimes franquistas promovido por Baltasar Garzón) ou o catedrático da Universidade de Pisa Gabriele Ranzato (considerado un dos máximos eruditos da historia española do século XX e concretamente da II República Española e a Guerra Civil).

Agora presentamos as consideraciones, reflexións e conclusións parciais presentadas nas diferentes mesas do congreso ou derivadas dos debates suscitados nel.

Galería de imaxes do Coloquio

Documento adxunto

http://www.nomesevoces.net/gl/post/conclusions-do-coloquio-internacional-memoria-da-guerra-reconciliacion-e-cultura-de-paz/