Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

A USC e a Deputación de Lugo asinan un convenio para o desenvolvemento do proxecto ‘Nomes e Voces’

Nomes e Voces, 30 Jun 2012 | 1 julio 2012

A dotación de 30.000 euros servirá para apoiar o desenvolvemento do labor de investigación


O pasado día 21 de xuño, o reitor da USC, Juan Casares, asinou en Lugo un convenio de colaboración coa Deputación desta provincia para a colaboración entre as dúas institucións no desenvolvemento do proxecto ‘Nomes e Voces’. A dotación de 30.000 euros servirá para apoiar o desenvolvemento do labor de investigación posto en marcha por este grupo onde están presentes os máximos especialistas na temática da represión en Galicia, dirixidos polo catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto.

O proxecto de investigación Nomes e Voces naceu en 2006 a través dun acordo das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. O proxecto pretende desenvolver unha investigación histórica profunda e completa sobre a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista, con especial atención aos asasinados e represaliados durante ese período.
http://www.nomesevoces.net/gl/post/a-usc-e-a-deputacion-de-lugo-asinan-un-convenio-para-o-desenvolvemento-do-proxecto-nomes-e-voces/