Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Agenda, Noticias

Homenaxe nacional ás vítimas da represión franquista 2012

Iniciativa Galega pola Memoria, | 15 julio 2012

Illa de San Simón (Pontevedra) 15 de Xullo


DOMINGO 15 de Xullo 2012
As novas xeracións da memoria

Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lles legou.

Os actos celebraranse o domingo 15 de xullo pola mañá na Illa de San Simón. Comezará coa presentación do proxecto documental “A pegada dos avós” no auditorio e a actuación musical de Samuel Acuña e Laura Romero. Logo de visitar as instalacións da outrora Colonia Penitenciaria farase unha ofrenda floral e solta de pombas no cemiterio, coas intervencións de Pablo Iglesias Núñez (Fillo de Mercedes Núñez, internada no campo de exterminio nazi de Ravensbruck e representante para Galiza de Amical de Mauthausen), Valentín García Bóveda (Neto de Alexandre Bóveda e Secretario da Fundación que leva o seu nome) e Ana Aller (Neta de Enrique Gómez, fuxido e asasinado no 1937).

Estarán presentes, coma sempre, antigos presos superviventes da colonia penitenciaria, como é o caso de Idelfonso Puente e Heriberto Rodríguez.

www.igmemoria.org