Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Agenda

XIV Semana Galega de Historia: “Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria Histórica”

Nomes e Voces, | 16 octubre 2012

29 e 30 de novembro e 1 de decembro, entre A Coruña (UdC) e Oroso

 

Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase a XIV Semana Galega de Historia que leva por título “Franquismo, Investigación Históriográfica e Memoria Histórica” entre A Coruña (UdC) e Oroso.

 

Nestas xornadas participan entre outros investigadores e docentes os membros do Proxecto ‘Nomes e Voces’: Lourenzo Fernández, Julio Prada e Emilio Grandío e Dionísio Pereira.

 

 

Até o día 27 de novembro está aberto o prazo para inscribirse na próxima XIV Semana Galega de Historia. A matrícula dá dereito ao certificado de asistencia, á recepción das actas do encontro, unha vez publicadas, así como ao agasallo de dous números de Murguía. Revista Galega de Historia e de dous títulos publicados pola Asociación Galega de Historiadores.

 

A matrícula será gratuita para os membros da AGH, do Instituto Galego de Historia e para os subscritores/as de Murguía. Revista Galega de Historia. Para o resto de asistentes as taxas son as seguintes:

– Estudantes, desempregados/as e xubilados/as: 10 euros.

– Outros: 20 euros.

Para formalizar a inscripción hai que facer un ingreso ou transferencia na conta Asociación Galega de Historiadores Catalunya Caixa: 2013 1843 51 0200090717 co asunto Matrícula SGH e mandar o xustificante do pago a sgh@asociaciongalegadehistoriadores.com

http://www.nomesevoces.net/gl/post/xiv-semana-galega-de-historia/