Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Agenda

Homenaxe Vítimas do Franquismo

Asociación Irmáns Liste Forján, | 5 noviembre 2012

Sábado, 10 de noviembre de 2012. Auditorio de Teo (A Ramallosa)

 

11:30. Auditorio de Teo, na Ramallosa

Estimad@s compañeir@s:

 

O próximo sábado 10 de Novembro no Auditorio de Teo (A Ramallosa), celebrarase a “Homenaxe Vítimas do Franquismo” que dende a Asociación Irmáns Liste Forján estamos a organizar.

Trátase dunha xornada de convivencia na que contaremos coa presenza de diferentes artistas e especialistas na materia, así como de loitadores antifranquistas e familiares dos represaliados. Terá lugar ademais a presentación da exposición “Retratos da Memoria” de Alfonso Martínez.

 

Participarán nesta xornada:

–           Familiares de Manuel Ponte Pedreira

–           Familiares de Fernando Barcia Veiras (Presidente do Comité Executivo de Defensa da República en Santiago)

–           Familiares de Enrique Ares Díaz (Militar e militante da CNT)

–           Familiares de Manuel Otero Patiño (Militante do PCE e do SRI)

–           Familia de Constante Liste Forján (Tenente Alcalde de Teo)

–           Camilo de Dios (Guerrilleiro)

–           Familiares de Ramiro Paz Carbajal (Socialista)

–           Heriberto Rodriguez Bermejo (Prisioneiro na Illa de San Simón)

–           Alfonso Puente Nodar (Prisioneiro na Illa de San Simón)

–           Esther Fernández (Evanxelista)

–           Familiares de Manuel Puente Porto

–           Familiares de José e Remegio Rodal García (militares leais a República)

–           Familiares de Bernardo Mato Castro.

–           Uxenu Álvarez (Neno da guerra)

–           Familiares de Estanislao Pérez Artime

–           Genaro Fernández Ares (Militante da UJCE e da JSU e represaliado)

–           Olimpia Barcia (Represaliada)

– Familiares Alexandre Bóveda (galeguista asasinado)

–           E máis por confirmar….

 

Contamos tamén con postos informativos de diversas asociacións e disfrutaremos dun xantar popular onde terán lugar diversas intervencións. (Prégase confirmación, para que os cociñeiros poidan prever as súas necesidades)

Se pertencedes a algunha asociación, colectivo social, político, sindical, etc e queredes participar non dubidedes en poñervos en contacto con nós. O prazo para solicitar un espazo remata o vindeiro día 5 de novembro.

 

Existen uns bonos-axuda compostos por reproduccións duns cadros feitos para a ocasión. O prezo dos bonos-axuda é de 50€ e de 100€. S estás interesado en colaborar con nós manda un correo a asoc.listeforjan@gmail.com

11:30    MESA DEBATE ASOCIACIÓNS DA MEMORIA.

Descanso

13:00    “INSTRUMENTOS DE REPRESIÓN”

– Antonio López Rodríguez (Historiador)

– Alfredo González Ruibal

– Xurxo Ayan (Arqueólogos CSIC)

– Víctor Santidrián (Historiador)

14:00    XANTAR POPULAR

16:30 PRESENTACIÓN

17:00 “DO LOCAL AO CONCEPTUAL”

– Santiago Vega Sombría (Historiador)

– Luis Lamela García (Historiador)

17:30 ACTUACIÓN MUSICAL

Descanso

18:00 “MEMORIA DO36”(Farruco Bernal López e Pilocha) (Fragmento)

18:15    “PEGADAS DA REPRESIÓN”

– Mirta Nuñez Díaz-Balart (Historiadora)

– Anna Miñarro (Psicoanalista)

19:00 A QUENLLA

19: 30   “AS VÍTIMAS DO FRANQUISMO HOXE”

–           Ramón Sáez Valcárcel (Maxistrado Audiencia Nacional)

–           Pablo Cés (Documentalista, Silenciadas)

20:00    ENTREGA DE AGASALLOS E PECHE

 

CONCERTO: SOM DO GALPOM!

COLABORAN: SON DIRECTO, Librería Lila de Lilith, Hotel Congreso.