Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Agenda, Noticias

Piden a retirada dos derradeiros símbolos franquistas de Pontevedra

Estación Atlántica, 23-11-2012 | 26 noviembre 2012

O vindeiro 6 de decembro un roteiro urbano sobre a represión franquista en Pontevedra

 

SEXTA-FEIRA, 23 DE NOVEMBRO DE 2012

Redacció- Praza Publica

A Asociación Cultural A Revira presentou este 20 de novembro, aniversario da morte do ditador Francisco Franco, un escrito no Concello para pedir que se retiren os últimos símbolos franquistas na cidade de Pontevedra. Demandan o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e a conseguinte supresión de varias placas da Delegación Nacional de Sindicatos e un escudo franquista co lema Una Grande Libre na rúa Michelena. A Revira explica que “afortunadamente a cidade conta com poucos símbolos franquistas, em comparaçom com o que acontece noutras urbes galegas, mas é tempo já de proceder à definitiva eliminaçom destes vergonhentos resíduos do totalitarismo”.

 

O colectivo lembra que “a eliminaçom destes símbolos nom só representa um acto de higiene democrática que já chega muitos anos tarde, senom que é umha obriga legal que tenhem as administraçons públicas, segundo afirma o artigo 15 da Lei de Memoria Histórica aprovada no ano 2007”. Ademais, A Revira organizará o vindeiro 6 de decembro un roteiro urbano sobre a represión franquista na cidade, dentro das actividades do seu IX aniversario, “coa intención de afondar no coñecemento histórico deste negro periodo”. A Revira pretende contribuir “á reivindicaçom das liberdades e à necessária concienciaçom contra a ameaça fascista, que sempre retorna em tempos de crise profunda como os que vivemos”.

Postado por Mª José Barreiro López de Gamarra

http://estacionatlantica.blogspot.com.es/2012/11/piden-retirada-dos-derradeiros-simbolos.html