Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Agenda

Acto de homenaxe os executados do Marín

Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, | 28 diciembre 2012

31 de decembro ás 13 horas no Paseo Marítimo

INVITACIÓN Ó ACTO DE HOMENAXE ÓS EXECUTADOS DO 31 DE DECEMBRO DE 1936 – MARIN

A/A Asociacións Memoria Histórica

A Asociación pola a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMHM) quere convidarvos este vindeiro luns 31 de decembro ás 13 horas no Paseo Marítimo «Antonio Blanco», e dentro da semana de actividades dedicadas á lembranza dos executados en Marín nó fin de ano do 1936, ó Acto de Recordo e Homenaxe que cada ano facemos a un grupo de marinenses (Bernardino de la Torre, Albino Agraso, Amando Iglesias, Demetrio Lorenzo e Santiago Ramos) que xunto co alcalde Antonio Blanco Solla, foron fusilados en Monte Porreiro (Pontevedra) polas forzas militares sublevadas.

A principal intervención durante o acto, será a de Miguel Ángel Cuña Casasbellas (Vicepresidente da Fundación Cuña-Casasbellas e Secretario Xeral do Sindicato Único de Trabajadores “Solidaridad Obrera” de Pontevedra de la CGT), que ocupará o lugar doutros destacados participantes de anteriores edicións. Tamén o fará a presidenta da ARMHM, Enriqueta Otero. O acto rematará cunha ofrenda floral ó pé do monólito conmemorativo.

Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín