Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Artículos y Documentos, Noticias

Publicación dos actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do Dr. Manuel Díaz González, ‘O Pequeniño do Incio’

Eduardo Montagut Contreras, 16 Ene 2013 | 17 enero 2013

Manuel Díaz GonzálezA publicación recolle os diferentes actos conmemorativos que se celebraron no Incio (Lugo) no mes de novembro de 2011

 

Co gallo do 75 aniversario do pasamento do do Dr. Manuel Díaz González [1886-1936] ‘O Pequeniño do Incio’ vense de publicar un libro homenaxe no que tamén participou o Proxecto ‘Nomes e Voces’ xunto á Familia Díaz.

A publicación recolle os diferentes actos conmemorativos que se celebraron no Incio (Lugo) no mes de novembro de 2011 con motivo do 75 aniversario do pasamento de Manuel Díaz González, coñecido como o «Pequeniño».

Manuel Díaz González, médico de profesión, foi paseado en setembro de 1936 na estrada Bóveda-Incio, no punto denominado «Casilla da Serra»-Eirexalba-Incio.

O programa de ditos actos contou coa presenza de diferentes personalidades ligados ao ámbito da investigación histórica, á escrita, á mediciña e ao xornalismo. Impartiron conferencias Xosé Ramón Fandiño Veiga -escritor e xornalista-, Xosé Alvilares Moure -Teólogo e escritor-, Lourenzo Fernández Prieto -Profesor de Historia Contemporánea na USC e director do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces», Claudio Rodríguez Fer -Catedrático de Literatura na USC , poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil-, David Simón Lorda -Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia-. José Luis Díaz Gómez -Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño-.

Asimesmo, proxectouse unha mostra documental sobre o que foi médico municipal e descubriuse un busto erixido en memoria do doutor Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral, acompañados pola actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Todas estas actividades quedan ilustradas nesta obra que conta con textos dos protagonistas

 

Nota: Manuel Díaz González fue asesinado el 11 de septiembre de 1936 en una carretera de O Incio. Era militante de izquierda Republicana y había sido alcalde y diputado provincial, pero entre sus vecinos era conocido sobre todo por su trabajo como médico y porque apenas cobraba cuando se trataba de pacientes sin recursos. Después de unos días preso en la cárcel de Monforte, fue víctima de un grupo de pistoleros falangistas