Agenda
Artículos y Documentos
Federación Foros por la Memoria
Noticias
Videos de Memoria Histórica
Home » Artículos y Documentos, Noticias

¿Por que o alcalde do PsoE de Vigo non a quere quitar?

Asc. viguesa pola Memoria Historica do 36, | 9 febrero 2013

Conferencia-Cruz-do-castro-560Comunicado de prensa da Asoc. viguesa pola Memoria Historica do 36 respecto a cruz do Castro

O PROCESO SIGUE

Dende 2008 a Asociación Viguesa Pola Memoría Historica do 36( AVMH) vimos facendo todo o necesario para obrigar ao Concello de Vigo a que  retire a cruz do Castro por ser este  un símbolo inequivoco  – e aínda en pe –  da ditadura e porque vai contra a Lei da Memoría Historica. Logo de ter solicitado en reiteradas ocasións ser recibidosdo por Abel Caballero e diante do seu silencio fronte as nosas reclamacións para que derrubase tal símbolo do fascismo, en 2011 presentamos unha demanda xudicial contra o Concello por silenciar as nosas demandas e por nos respontar a este clamor. En decembro de 2012 o Xulgado nº 1 do Contencioso-Administrativo de Vigo estimou parcialmente a nosa demanda: ordenando ao Concello que se pronunciase sobre o a nosa petición, aínda que nada decía sobre a obrigatoriedade de derrubar a Cruz (esto non era o obxecto da demanda).

A resposta dada agora polo Concello  e que vos remitimos en arquivo adxunto é absolutamente inaceptable para a nosa Asociación pois  este négase a retirar o monumento fascista apelando a unha flagrante falacia sostida sobre a idea de que  “a Cruz do Monte do Castro, é iso, unha cruz. non é un simbolo da Ditadura, é un simbolo relixioso, básicamente cristián”. Neste sentido non estaría de máis lembraer que a mesma doutrina do Concilio Vaticano II especifica claramente que  a Igrexa católica non pode “reciclar “ no seu seo este tipo de monumentos que van en contra da “reconciliación cristiá”.

A Asociación Viguesa Pola Memoría Historica do 36 quere deixar ben claro por tanto que  non comparte nin acepta tal resolución do Concello de Vigo  e que estudiara todas as medidas legales tendentes a conseguir  o derrubamento da Cruz do Castro por ser un símbolo aínda vivo da ditadura franquista.

http://estacionatlantica.blogspot.com.es/2013/02/comunicado-de-prensa-da-asc-viguesa_6183.html?spref=fb