Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

A UPG conmemora un ano máis o asasinato de Moncho Reboiras a mans do franquismo

Sermos Galiza, 05-08-2013 | 13 agosto 2013

Mural_Ferrol_Moncho_ReboirasO 12 de agosto realizarase un acto político en Ferrol na súa lembranza coincidindo co 38 aniversario da súa morte

 

Esta segunda feira, 12 de agosto, cúmprense 38 anos do asasinato de Xosé Ramón ‘Moncho’ Reboiras Noia a mans da policía española, nun operativo en Ferrol co que o franquismo pretendía tronzar o proceso de reorganización da Unión do Povo Galego. A UPG organiza un ano máis un acto en Ferrol para conmemorar a súa morte a mans da policía franquista e recordar a figura do seu histórico dirixente, quen contribuiu de maneira destacada á organización da fronte cultural e máis dos xermolos sindicais dos que nacería o SOG, antecedente histórico da CIG.

A concentración comezará ás 19h na Praza de Armas, diante da Casa do Concello, e partirá cara ao portal da rúa da Terra onde Reboiras foi abatido a tiros en 1975.  Despois encetará o acto político central, no Cantón. Falarán o secretario xeral da UPG, Néstor Rego, o secretario xeral da UMG, Xacobe García, e a concelleira do BNG de Ferrol Mercedes Tobío.

Un día antes, como acostuma, farase unha ofrenda floral no cemiterio da parroquia natal de Reboiras, San Xoán de Laíño, no concello de Dodro, onde repousan os seus restos mortais.

Máis homenaxes

O Movemento Galego ao Socialismo e Nós-Unidade Popular desenvolverán tamén os seus respectivos actos de homenaxe a Reboiras, recoñecido desde 2009 como “vítima do franquismo”. O MGS realizará o seu acto político ás 13h no Cemiterio de Imo e Nós-UP concentrarase ás 20:30h na rúa da Terra de Ferrol.

http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/upg-conmemora-ano-mais-asasinato-moncho-reboiras-mans-do-franquismo/20130810164456018043.html