Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

Alcalde de Baralla: “Os que foron condenados a morte (no franquismo) será porque o merecían”

Sermos Galiza, 06-08-2013 | 13 agosto 2013

_PrSermosGalizaO popular Manuel González Capón deitou esta afirmación no último pleno municipal, cando exixía á oposición que condenase o “terrorismo de Resistencia Galega”

 

Os e as asasinadas polo franquismo merecían tal fin. Así de contundente e sen complexos se manifestou o alcalde de Baralla, do Partido Popular, e no cargo desde 1987. Fíxoo no último pleno municipal, segundo contan desde a oposición socialista.

Manuel González Capón, o rexedor e deputado provincial do PP, levou a esta sesión unha moción para pedir a condena de Resistencia Galega. Contou cos votos favorábeis dos concelleiros populares e do PSdeG. Mais desde o BNG pediuse que se aprazase o debate pois nin sequera había sentenza xudicial ao respecto.

Foi entón cando o debate derivou hacia a ditadura franquista. Desde o BNG denunciouse a represión do rexime fascista e a súa política de condenas políticas. Foi entón, sempre segundo esta versión, cando o alcalde do PP afirmou: “os que foron condenados a morte será porque o merecían”. Unha frase que levou aos nacionalistas a pedir á secretaria municipal que constase en acta.

Tamén desde o PSdeG se solicitou ao rexedor, manifesta nun comunicado a formación socialista, que condenase o franquismo.

Máis unha

Non é a primeira vez que desde alcaldes do PP se defende o franquismo ou ben se ofende ás vítimas da represión do réxime de Franco. Un dos exemplos máis lembrados neste sentido son as misas en honra de Franco que cada ano celebraba en Beade o rexedor do PP Senén Pousa.

Non vai recuar

As declaracións de González Capón xeraron unha fervenza de críticas nas redes sociais. E unha polémica que se estendeu a todo o Estado español. En plena polémica, o alcalde de Baralla recoñece a El País que «non se vai desdicir» das palabras que dixo nesa sesión plenaria, se ben di que as súas palabras foron «sacadas de contexto» no marco dun «debate moi desmadrado».

Tamén en declaracións a Europa Press, o rexedor dixo que a frase «é máis ou menos desafortunada», engadindo en que está disposto a retirala «e pido disculpas e acabouse».

http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/alcalde-baralla-foron-condenados-morte-no-franquismo-sera-porque-merecian/20130805125924017908.html