Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Artículos y Documentos, Noticias

Iniciativa Galega pola Memoria pide a dimisión do alcalde de Baralla

CRMH da Coruña, 06-08-2013 | 13 agosto 2013

_OrgCrmhCoruñaPolas suas declaracions fascistoides e antidemocráticas

A INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA PIDE A DIMISIÓN DO ALCALDE DE BARALLA POLAS SUAS DECLARACIÓNS “FASCISTOIDES” E ANTIDEMOCRÁTICAS.

SR. GONZÁLEZ CAPÓN, A QUÉN SE REFIRE VOSTEDE CANDO DÍ “SERÁ PORQUE LO MERECÍAN”

No último pleno municipal do concello de Baralla, celebrado o pasado 26 de xullo, o alcalde, Sr. González Capón, xustificou a negativa do PP a condear os crimes da ditadura franquista cunha frase bastante significativa “será porque lo merecían”. Imos ver, Sr. González Capón, a quén se refire vostede?

 

-Ás máis de 6000 persoas asesinadas polo franquismo –lembre vostede que en Galicia non houbo guerra civil, só houbo represión-?

-Ás mulleres violadas, ás que foron torturadas, ás persoas que tiveron que tragar aceite de ricino nunha das prácticas moi comúns por parte dos falanxistas?

-Ás máis de 115.000 persoas que aínda constan como desaparecidas –bastante probablemente enterradas nas cunetas- en todo o estado español, segundo fontes recollidas por Amnistía Internacional –un organismo de probada reputación apartidista-.

– Merece o pobo de Baralla que o seu alcalde falte así o respeto ás vítimas do franquismo? Coa mellor das intencións, diríalle que as súas declaración, Sr. González Capón, poden ser interpretadas por moitas persoas familiares das vítimas do franquismo como apoloxía do terrorismo, pois en nada axudan á paz e á convivencia democrática.

– Pode vostede cargar na súa conciencia o feito de estar ocupando unha alcaldía desde o ano 1987 e non ter evoluído o suficiente como para despegarse desas ideas reaccionarias, propias máis doutro tempo e do réxime franquista que dun dirixente democrático no século XXI?

– Sr. González Capón, en qué século vive vostede? Para vostede aínda goberna “El Caudillo”? Porque así o parece, as suas declaracións son máis própias dun alcalde máis interesado quedar ben cos dirixentes franquistas que as dun alcalde democrático deste tempo.

Agradecedíamoslle, xa que logo, que, logo de ter rectificado as súas palabras dicindo que foron “sacadas de contexto”, o seguinte que faga é “sacarse vostede mesmo do contexto” da vida política galega, dimitindo do seu cargo, pois non é de recibo  que un responsable político faga esas declaracións ofensivas e humillantes ás vítimas do franquismo en xeral. Non pode ser que un dirixente democrático adopte este tipo de declaracións nestes tempos que corren. Porque o tempo do franquismo xa pasou, Sr. González Capón. A ver se vostede se da por enterado.

Rubén Afonso Lobato, secretario da CRMH da Coruña, en representación da Iniciativa Galega pola Memoria.

 

Iniciativa Galega pola Memoria

www.igmemoria.org