Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

Rexeitar a dedicación do Día das Letras Galegas 2015 a Xosé Filgueira Valverde

Iniciativa Galega pola Memoria, | 22 julio 2014

_OrgIniciativaGalegapolaMemoriaÉ un aldraxe para todos os cidadáns que sufriron torturas, norte, cárcere e exilio na defensa, tanto da legalidade republicana como das liberdades do pobo galego

 

 

Representantes da Iniciativa Galega pola Memoria –coordinadora galega de grupos memorialistas-, reunidos o día 20 de xullo na illa de San Simón, para celebrar a Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo, toman a decisión de rexeitar a dedicación do Día das Letras Galegas 2015 a Xosé Filgueira Valverde.

A designación de Filgueira Valverde como persoeiro do día máis simbólico da Cultura e da Língua Galega é un aldraxe para todos os cidadáns que sufriron torturas, norte, cárcere e exilio na defensa, tanto da legalidade republicana como das liberdades do pobo galego.  O falanxista Filgueira Valverde, que participou desde o comezo do golpe de estado que supuxo o alzamento fascista de 1936, formou parte do mesmo, e tanto pola rádio, como en xornais, fixo un chamamento para tomar parte no xenocidio franquista. Neses tempos, miles e miles de galegxs desapareceron, ben cun tiro na caluga, ben soterrados en calquera beira das estradas. Como premio, Filgueira Valverde foi nomeado procurador nas Cortes franquistas,entre outros moitos postos de poder que tivo no Réxime franquista.

Desa maneira, a Iniciativa Galega pola Memoria non pode deixar pasar sen dicir nada este nomeamento de Filgueira Valverde como persoa distinguida. Un membro máis do aparello represor do franquismo non pode ser homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015. Por respecto á democracia, por respecto aos máis de seis mil persoas asesinadas polo franquismo en Galicia. Xa que logo, a Iniciativa Galega pola Memoria quere manifestar públicamente o seu máis firme rexeitamento  á devandita distinción.

www.igmemoria.org