Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Artículos y Documentos

Postura das unións comarcais de Vigo de CCOO, CIG e UGT sobre a cruz do Castro

CCOO de Galicia, | 1 octubre 2014

Conferencia-Cruz-do-castro-560Non compartimos, e rexeitamos, a postura e a votación emitida onte polos dous partidos maioritarios no Concello de Vigo

 

As centrais sindicais maioritarias nesta cidade, CCOO, CIG e UGT, non compartimos, e rexeitamos, a postura e a votación emitida onte polos dous partidos maioritarios no Concello de Vigo, en relación co derrubamento da cruz do Castro.

A pesar da argumentación utilizada tanto polo PP como polo PSOE, a realidade é que non se trata simplemente dunha cruz: é un símbolo fascista ao pé do cal foron fusiladas persoas desta cidade que non eran afíns ao réxime.

Estamos ante unha sentenza xudicial que recoñece o trasfondo e a significación desta cruz e obriga o Concello ao seu derrubamento, polo tanto, non é entendible o recurso por parte deste.

Un goberno que presume de que «modificou» o dito símbolo fascista por acordo unánime dun pleno de 1981, non debería hoxe poñer tantos atrancos para cumprir unha sentenza que ditamina o cumprimento da lei de memoria histórica, unha lei elaborada polo Goberno de Zapatero e aprobada o 26 de decembro de 2007 para devolver a dignidade a unha boa parte da cidadanía.

Por respecto ás familias das vítimas e en cumprimento da Lei, reclamamos que se execute a sentenza sen máis demora.

http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/Informacion:Novas:696940–Postura_das_unions_comarcais_de_Vigo_de_CC_OO,_CIG_e_UGT_sobre_a_cruz_do_Castro