Marcha cívica antifranquista, teatralizada, por la devolución de la Casa Córnide al patrimonio de Coruña
Sábado, 27 de outubro, ás 12,30 horas. Sáida da praza de María Pita da CoruñaMARCHA CÍVICA ANTIFRANQUISTA, TEATRALIZADA, POLA DEVOLUCIÓN DA CASA CORNIDE AO PATRIMONIO DA CORUÑA
No cortexo, encabezado por un grupo de gaiteiros, participará a Súa Excelencia o ditador Franco, a súa dona Carmen Polo, a Súa Maxestade Felipe VI, o alcalde Alfonso Molina e o empresario Pedro Barrié de la Maza.
– Información sobre como os Franco roubaron a Casa Cornide, o mesmo que o pazo de Meirás.
Lembramos que para o sábado, 10 de novembro, convocada pola COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA e un numeroso grupo de entidades, entre elas Defensa do Común, está convocada unha MARCHA DE SADA A MEIRÁS POLA DEVOLUCIÓN DO PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO PÚBLICO.
Participa! Todas e todos este sábado a María Pita, aínda que chova!
PARA ACABAR COS RESTOS DO FRANQUISMO!
FÓRA OS FRANCO DA CORUÑA E DE GALICIA!