FRAGAga.org - Fragagá é unha iniciativa para invitar aos cidadáns a participar na campaña das eleccións galegas
Junio 2005
http://www.fragaga.org/

Fragagá é unha iniciativa para invitar aos cidadáns a participar na campaña das eleccións galegas, difundindo a través de Internet carteis, pegatinas, ilustracións, ficheiros sonoros e animacións. Xurde como resposta humorística ao feito de que a idade do candidato Fraga se plantexe coma un dos temas centrais do debate. O colectivo Fragagá quere lembrar que neste país non se pode discriminar a ninguén por razóns de idade, sexo, creencias relixiosas, etc. e que a lei non establece ningún plazo máximo de permanencia nun cargo. É intolerable que a súa idade sexa usada nin a favor nin en contra de Fraga. Tan ruín é advertir de que Fraga vai vello e podería non durar a lexislatura enteira como que el pida o voto porque xa non lle queda moito tempo. Ambos argumentos son tomarlle o pelo os cidadáns e eludir a verdadeira cuestión: independentemente da súa idade, saúde e proxecto político, Fraga leva anos nun estado mental que o incapacita para exercer un cargo público: —Actúa coma se non tivese que rendir contas ante ninguén por debaixo de Deus, esquecendo que se se debe ao Parlamento e aos cidadáns que o eleximos. —Cando se ve obrigado a dar contas, faino de mala gana e falta o respeto aos xornalistas que lle fan preguntas incómodas. —Vive nuncha sociedade moi distinta á dos seus comezos políticos, pero négase a aceptar realidades sociais como o novo papel da muller e o recoñecimento dos dereitos dos homosexuais. —Menosprecia e insulta continuamente aos seus adversarios políticos, coma se as sucesivas maiorías absolutas lle deran patente de corso para facelo. —Incapaz de dosificar as súas forzas, que manter un ritmo que xa non pode seguir: os seus discursos son agónicos e inintelixibles, e cae durmido en público cando deixa de ser o protagonista. —Insiste en continuar, coma martir ou mesías movido por un sentido do deber que non é tal: nesas condicións a calidade do servicio que nos presta aos cidadáns e a imaxe de Galicia que proxecta non chega a uns mínimos de dignidade. —Todo isto é máis grave tendo en conta que o goberno da Xunta e o seu partido político funcionan exclusivamente ao dictado "do que diga Don Manuel", e que en 16 anos non foi quen de planificar a súa sucesión. Fragagá recopila declaracións que dan conta desta dexeneración e, vendo que nin a lei, nin o Valedor do Pobo nin os partidos da oposición son quen de deter este proceso, busca unha vía de escape. Quédanos a retranca para darlle a volta aos símbolos desta triste etapa política, e o desexo de axudar a que os cidadáns expresen o seu descontento, aliñando co seu inxenio, humor e descaro o ceremonioso ritual da campaña eleitoral. http://www.fragaga.org/
|