Conclusiones aprobadas en el primer Congreso da Memoria 'A represión franquista en Galicia'
6 de decembro de 2003
Congreso da Memoria 'A Represión Franquista en Galicia' Conclusións
O primeiro Congreso da Memoria 'A rperesioón franquista en Galicia', celebrado en Narón os días 4, 5 3 6 de dcembro, de 2003, aprobou as seguintes conclusións:
1. Dirixirse á FEGAMP e ás Deputacións para que estimulen no conxunto dos concellos galegos a recuperación da memoria histórica democrática para saldar a débeda coas víctimas do franquismo e con tódolos homes e mulleres que mantiveron en condicións extremadamente adversas a bandeira da liberdade e da democracia.
2. Incluir nesta petición a incorporación nos rueiros, prazas, parques e monumentos, dos nomes das devanditas persoas e simultaneamente, procedera á retirada da simboloxía franquista.
3. Devolución do patrimonio ás entidades afectadas polo golpe militar de 1936.
4. Dirixirse ó Parlamento de Galicia para que sexan rehabilitados moral e políticamente, e sexan compensados económicamente, todolos represaliados da dictadura franquista.
5. Instar ó Goberno da Xunta de galicia e ó conxunto dos poderes públicos para dispor de fondos económicos que permitan o financiamento dos traballos de investigación e recuperación da nosa historia, do noso patrimonio artístico e literario silenciado, e transmitilo ás novas xeracións e tamén para o correcto enterramento das víctimas que hoxendía están enterradas nas fosas comúns.
6. Favorecer a apertura da totalidade dos arquivos para a investigación.
7. Dirixirse á Igrexa Católica para que faga unha análise autocrítica do seu papel colaboracionista na represión desenvolvida pola dictadura franquista.
8. Extender as conclusións deste Congreso ó conxunto da sociedade galega, para que esta coñeza a extensión real e as consecuencias da violencia represiva en todalas súas manifestacións.
9. Que rematen as trabas administrativas para a legalización das entidades que traballan neste eido.
10. Amosar públicamente o apoio do Congreso á solicitude presentada e debatida no Parlamento español, no pasado setembro, a prol da anulación dos xuizos sumarísimos realizados no franquismo.
Narón, 6 de decembro de 2003
|