Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Artículos y Documentos

Carta Abierta al alcalde de Vigo, Abel Caballero

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, | 8 diciembre 2009

Denuncian la prohibición del Concello de colocar una placa en memoria de las 740 víctimas del franquismo enterradas en Pereiró

 

En 1936, ante el pelotón que lo fusiló en el cementerio vigués de Pereiró, el diputado socialista Enrique Heraclio Botana, de 64 años, gritó: «Guardad las Actas de nuestro proceso, porque ellas son la prueba de vuestro crimen».

La Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 denuncia en una carta abierta enviada al alcalde de Vigo la prohibición del Concello de colocar una placa en memoria de las 740 víctimas del franquismo enterradas en Pereiró y que iban a instalar el próximo sábado en la puerta principal del cementerio.

 

 

CARTA ABERTA Ó ALCALDE DE VIGO ABEL CABALLERO

Sr. Alcalde de Vigo Abel Caballero

Praza do Rei, 1. Vigo

            Como fillo dun asesinado polo franquismo, quero expresarlle a miña indignación polas declaracións que vostede fixo a un xornal desta cidade para xustificar a prohibición da colocación, por parte da “Asociación Viguesa pola Memoria do 36”, dunha placa de pedra na porta principal do Cemiterio de Pereiró, para honrar ás 740 vítimas do franquismo alí soterradas.

            Dí vostede que leva 35 anos visitando e honrando ás vítimas do franquismo e que outros comezaron hai só 10 anos.

            Eu, e moitos mais coma mín, comezamos hai 73 anos a honrar e chorar polos nosos pais; anos nos que sufrimos o desprezo e o esquecemento do crime que con eles se cometeu e aínda hoxe estamos a reclamar xustiza.

            En cambio, hai 35 anos vostede nen sequera era membro do Partido Socialista no que se infiltrou somentes para facer a súa carreira persoal e vivir da política o resto da vida.

            Nacido e criado nunha familia acomodada, das chamadas do “bando vencedor”, vostede non sabe o que é pasar fame. Foi educado en bos colexios e puido acceder á Universidade, namemtres que nós, os fillos dos asasinados e represaliados polo franquismo, tivemos que ir traballar antes da idade regulamentaria para axudar á familia a subsistir nunha sociedade que nos era hostil. ¿Qué leccións nos quere dar vostede?

            Pero non quero falar do seu pasado ou da súa vida privada; o que quero é dar a coñecer por medio desta carta aberta o seu proceder como Alcalde de Vigo e membro dun partido chamado de esquerda no tocante á recuperación da Memoria Histórica nesta cidade.

            O único que fixo ó respecto foi crear unha Comisión pola Memoria Histórica só para controlala, xa que vostede non a convoca dende hai mais de dous anos, a pesar de terllo solicitado de xeito reiterado.

            Empeñado máis en agradar á dereita e á igrexa, que en cumplir coa Lei de Memoria Histórica e facer xustiza coas vítimas do franquismo e as súas familias, vostede négase rotundamente a retirar a Cruz dos Caidos dó Castro, símbolo eminentemente franquista levantado para honrar ós “Caídos por Dios y por España”, involucrando a Deus nos seus crimes coma se él tamén fose fascista.

            A única razón para que iso siga alí, a estas alturas da Democracia, é que vostede séntese feliz contemplando tódalas mañás dende o seu despacho a ese adefesio de formigón, vergoña e provocación dunha sociedade civilizada e democrática. Non hai outra razón válida.

            E agora négase a dalo permiso para colocar unha placa de pedra na porta principal do Cemiterio de Pereiró, en memoria das 740 vítimas do franquismo soterradas nese cemiterio, entre os que están destacados membros do Partido Socialista, entre eles Enrique Heraclio Botana cuxas históricas palabras no derradeiro intre da súa vida, pronunciadas con toda valentía e dignidade diante do pelotón de fusilamento deberían de encher de orgullo a todo socialista. Non foi así, xa que en vez de procurar que todo o mundo as lera poñéndoas nun lugar visible preferen escondelas no chamado Cemiterior Civil como facían naquel tempo cós “rojos”, para que non se vexa, non se lea e non se coñeza a historia.

            ¿Por qué ten medo de que se coñeza a verdade, Sr. Caballero?

            Pobre Enrique Heraclio Botana, si levantara a cabeza e vise cómo despois de 73 anos as actas dos seus procesos que él pensaba que se ían revisar seguen igual como as deixaron: “traición a la patria”, “rebelión militar”, “desafectos al régimen”, etc…

            A placa vaise colocar na entrada principal do Cemiterio de Pereiró cando vostede xa non pinte nada nesta cidade; xa lle queda pouco. Entón poderá presentarse diate dos “seus” orgulloso e coa sensación do deber cumplido por non retirar a Cruz do Castro, non quitar as placas dos “Caidos por Dios y por España” das igrexas e non permitir colocar unha placa na porta do Cemiterio de Pereiró, para honrar ás vítimas do franquismo.

            Con socialistas coma vostede non se necesita ó PP.

            O Partido Socialista “cala e outorga”.