Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

A Coruña: Inician a sustitución de placas de Xeneral Sanjurjo por avenida de Oza

La Voz de Galicia; 11/11/2010 | 12 noviembre 2010

Operarios municipais puxeron onte os novos rótulos xunto aos vellos, xa que convivirán ambas as denominacións

 

F. Espiñeira?/?A. Varela A CORUÑA/A VOZ.

A avenida de Oza xa ten o seu espazo no rueiro coruñés. Operarios municipais iniciaron onte o proceso de instalación das placas co nome da antiga avenida Xeneral Sanjurjo. A colocación dos novos rótulos enmárcase dentro do acordo da Comisión de Honras e Distincións para proceder á substitución dunha trintena de nomes de vías afectadas pola aplicación da Lei da Memoria Histórica.

Así, aínda que a intención do goberno municipal era que a primeira rúa que modificase a súa denominación orixinal fose a de Alférez Provisional para pasar a chamarse avenida do Porto, o certo é que finalmente o Concello decidiu empezar a substitución dos viarios afectados por Xeneral Sanjurjo, unha das arterias máis transitadas e longas da cidade.

Polo momento, para facilitar a transición, a intención do goberno local é que convivan as dúas denominacións durante os próximos meses. O obxectivo dese período transitorio é o de evitar molestias a veciños e comerciantes e minimizar así as posibles molestias xeradas polo cambio.

Máis dun ano

A aceleración da eliminación de calquera vestixio de exaltación da ditadura franquista era unha das esixencias máis reiteradas pola facción nacionalista do goberno local.

O Concello xustificou o atraso de máis dun ano na aplicación da substitución dos nomes das rúas que sinalara unha comisión formada por historiadores e representantes municipais apelando a «a demora na contratación das novas placas».

O proceso manterase nos próximos meses coa substitución doutra trintena de vías de todo o centro urbano.

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/11/11/0003_8841723.htm