Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Agenda

Homenaxe aos veteranos comunistas galegos

Partido Comunista de Galicia, | 2 noviembre 2010

7 de novembro en Santiago de Compostela

 

O PCG homenaxeará a un cento de comunistas galegos e galegas que militaban antes de 1968, data de reformulación da organización galega do PCE no PCG

O vindeiro 7 de novembro o PCG rinde homenaxe en Santiago de Compostela ós e as comunistas que militaron na clandestinidade dende antes de 1968, data de refundación da organizacion galega do PCE no PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA. Serán homenaxeados en torno a unha centena de comunistas galegos procedentes de todas as comarcas galegas. Veteranos da loita guerrilleira, do movemento obreiro reorganizado a partir dos 60 nas CCOO, do movemento democrático de mulleres… exemplos de coherencia e compromiso coa militancia comunista. Será as 11.30 horas no AUDITORIO DE GALICIA (Sala Mozart)

Partido Comunista de Galicia

domingo, 07 de noviembre de 2010

O PCG homenaxea os militantes do Partido dende antes de 1968, un acto no que se fará entrega dunha medalla conmemorativa feita para a ocasión polo artista e intelectual galego ISAAC DIAZ PARDO, fundador da nova etapa de Sargadelos

Domingo, 07 de noviembre · 12:30 – 15:00

AUDITORIO DE GALICIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Avenida do Burgo das Nacións s/n

Santiago de Compostela, Spain

http://www.pcgalicia.org/detnot.asp?Idnoticia=546