Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

Os letrados arxentinos pediranlle á xustiza española a identidade dos xenocidas franquistas

Xornal.com, 24/08/2011 | 25 agosto 2011

Os avogados din que é unha “falacia” que España estea a investigar ese xenocidio

DANIEL PRIETO

Os avogados que piden xulgar os crimes cometidos entre 1936 e 1975 din nun escrito en resposta ás alegacións da Fiscalía Xeral do Estado que é unha “falacia” que España estea a investigar ese xenocidio

Os avogados que traballan no proceso xudicial iniciado en Arxentina que pide xulgar aos responsables do “xenocidio franquista” pediranlle á xustiza española a identidade dos responsables deses delitos. Así o asegura Carlos Slepoy, o coordinador dos letrados.

O equipo reunirase este mércores para concretar as medidas que solicitará, unha vez que o Xulgado Nacional no Criminal y Correccional Federal nº1 do país austral lle notifique “oficialmente” a resposta ao exhorto remitido á Fiscalía española o 14 de otubro do ano pasado. Tras a apertura do período de alegacións, os avogados esixrián obter por escrito os nomes dos ministros franquistas, dos responsables dos Consellos de Guerra, dos fusilamentos de 1975 e dos torturadores de Silvia Carretero, entre outros.

Esta petición figuraba na querela inicial presentada polo galego Darío Rivas e por Inés García Holgado na Cámara Federal arxentina, pero a xuíza María Servini de Cubria preferiu preguntar en primeiro lugar sobre o “plan sistemático” para a eliminación física dos españois partidarios do Goberno lexítimo entre 1936 e 1975 .

Os letrados consideran que o argumento esgrimido pola Fiscalía Xeral do Estado de que eses crimes xa se están investigando é unha “falacia”. Así o reflicte o escrito que enviarán nas próximas datas á xustiza española, no que aseguran que “de las respuestas recibidas, se desprende diáfanamante que dichas investigaciones son inexistentes”.

Ese documento rebate de forma demoledora o informe da Fiscalía española. Fronte ao razoamento de que unha vez falecidos os principais responsables do “alzamiento nacional” o Xulgado Central de Instrucción número 5 se inhibiu a favor dos Xulgados de Instrución das localidades nas que se sitúan foxas onde foron soterrados represaliados, o informe critica que “omite mencionar” os recursos da Fiscalía española contrarios a seguir con esa causa e o procesamento ao xuíz instrutor, Baltasar Garzón, “debido a la apertura de la mencionada causa”. Na actualidade esta pendente o xuízo a Garzón, que foi suspendido das súas funcións desde o 14 de maio de 2010.

«UN AUTÉNTICO DESPROPÓSITO»

Ademais, a resposta ao exhorto da xustiza española lembra que o Xulgado de Instrución de Granada rexeitou hai máis de dous anos a súa competencia e reafirmou a da Audiencia Nacional para investigar os delitos franquistas. Isto non foi resolto e ademais, “insólitamente, se hace depender su resolución del juicio por prevaricación contra el juez Baltasar Garzón”. Por iso, os avogados opinan que “una lógica elemental determina que primero debe resolverse cuál es es juzgado competente para después establecer si el juez procesado tenía o no competencia”. Así, ven “un auténtico despropósito todo lo relacionado con la pertinaz negativa a investigar crímenes condenados por múltiples instrumentos internacionales y que ofenden a la conciencia universal”.

XULGADO DO PORRIÑO

Neste sentido, o novo documento dos avogados arxentinos critica que hai 17 dos 22 xulgados territoriais que admitiron a súa competencia acordaron pechar esas investigacións polo falecemento dos presuntos responsables ou “por estimar que estaba prescripta la acción penal”. Mentres que os cinco restantes teñen procedementos en curso, se ben ningún deles “está levando a cabo unha investigación criminal”. Entre estes últimos atópase o Xulgado de Instrución número 1 do Porriño (Pontevedra), que rexeitou xulgar o asasinato de catro represaliados en Salceda de Caselas.

http://www.xornal.com/artigo/2011/08/23/galicia/letrados-arxentinos-pediran-identidade-xenocidas-franquistas/2011082315295300518.html