«A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria»
Trátase dunha investigación básica, sobre a que se poden cimentar futuros estudos e análises
O traballo de Nomes e Voces
Tras unha necesaria definición do concepto de vÃtima coa que traballar, abordouse o baleirado de datos persoais de represaliados das fontes que consideramos fundamentais: causas militares de terra e mariña, rexistros civis, fontes bibliográficas, e fontes orais.Toda esta información conflúe nunha complexa base de datos, nas que se cruzan as distintas informacións nun proceso de contraste, valoración e validación, posibilitando coñecer a través das distintas fontes e de datos de resumen, informacións hasta agora inéditas das caracterÃsticas, personais e colectivas, dos represaliados; asi como profundizar na investigación e no análisis tanto de datos puntuais como estadÃsticos, tanto a nivel local como a escala de Galicia.
A fonte oral, as entrevistas coas testemuñas, complementan as fontes escritas aclarándoas y resituándoas no crebacabezas da historia, permitÃndonos unha relectura crÃtica. AsÃ, os frÃos datos dun rexistro civil de defuncións cobran un novo valor, cando os eufemismos como derrame cerebral ou paro cardÃaco como causa da morte resitúanse polos testimonios que afirman que na realidade foron execucións irregulares e tiros na caluga. Os testemuños recontrúen tamén, dende un novo punto de vista, a exhaustiva documentación dos denominados procesos militares, revestidos dunha elaborada máscara de legalidade, pese a estar viciados en orixen ao derivar todo o edificio lexitimatorio do bando militar da sublevación. Os testemuños, un tras outro, insisten na falta total de garantÃas procesais. Na realidade levamos décadas cuestionando os datos oficiais de rexistros civÃs e causas militares, simplemente porque sabÃamos que foran faleseados no seu carácter e intención E o sabÃamos porque nolo tiñan contado.
Trátase pois dunha investigación básica, sobre a que se poden cimentar futuros estudos e análises.
http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion-panel/represion-franquista-coru%C3%B1a/