Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

Fernández Prieto alerta da posíbel desaparición do proxecto Nomes e Voces

Sermos Galiza, | 16 abril 2013

_PrSermosGaliza«Cos poderes políticos actuais o pano do proxecto está a piques de caer»

 

Así denunciou o director de Nomes e Voces a situación pola que atravesa o que está considerado un proxecto pioneiro de investigación universitaria na recuperación da memoria histórica. Lourenzo Fernández Prieto fixo as declaracións na súa intervención na XXX Semana Galega de Filosofía que se está a desenvolver en Pontevedra.

Fernández Prieto

Nacido ao abeiro da conmemoración do Ano da Memoria no 2006 a iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte dirixida por Ánxela Bugallo en convenio coas tres Universidades, o proxecto Nomes e Voces pescudou desde entón nas historias das vctimas da represión, acadando un fondo documental único no que se rexistran nomes, historias, imaxes, entrevistas e investigacións temáticas que botan luz sobre a memoria silenciada despois de 1936. Lourenzo Fernández Prieto presentoun o proxecto no congreso da Aula Castelao de Filosofía como unha liña aberta na que calquera pode consultar a historia dun parente represaliado ou mesmo reclamar a súa investigación, como levan facendo nos máis de seis anos nos que o equipo que dirixe configurou a listaxe máis completa de vítimas do 36.

Golpe de estado, non guerra

Os datos que viron a luz a través da investigación de Nomes e Voces conducen, segundo o director, a mudar os enfoques historiográficos. «Hai que mudar o marco historiográfico: só temos moitos datos sobre as vítimas, pero faltan explicacións, porque aínda se rexen polo marco franquista» afirmou ao tempo que defendeu a confirmación no caso galego da existencia dun «golpe de estado continuado, non de guerra civil». Segundo as análises desenvolvidas na investigación destes anos, Fernández Prieto interpreta que «había unha vontade e un plan de exterminio daqueles que estaban en condición de reter e recuperar o poder republicano».

http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/fernandez-prieto-alerta-da-posibel-desaparicion-do-proxecto-nomes-e-voces/20130402024056013181.html?fb_action_ids=4024875239271&fb_action_types=og.likes&fb_source=other_multiline&action_object_map={%224024875239271%22%3A356666624452954}&action_type_map={%224024875239271%22%3A%22og.likes%22}&action_ref_map