Federación Foros por la Memoria
Comunicados y Documentos de la Federación
Noticias
Agenda
Artículos y Documentos
Home » Noticias

Pídenlle ao Goberno español que investigue os 130.000 desaparecidos no Franquismo

Galicia Confidencial, 17/11/2013 | 18 noviembre 2013

_PrGaliciaConfidencialEntre eles está o da ‘Calesa’, unha moza de dezaseis anos violada, mutilada e asasinada por ser socialista

 

Nova Esquerda Galega (NEG), entidade querelante contras os crimes do Franquismo, esíxelle ao Goberno español que cumpra as resolucións da ONU e investigue as máis de 130.000 desaparicións forzosas no Estado Español e en Galicia, que aínda seguen sen aclararse.

«O comité puxo en evidencia ao Goberno e os seus representantes ao lembrar que España incumple os seus compromisos cos dereitos humanos e a lexislación internacional que subscribiu», sinalou NEG., que entende tamén que a resolución é «un novo revés á xustiza española e ao Tribunal Supremo que se negaron reiteradamente a dar amparo xudicial ás vítimas».

O comité da ONU alertou de que o Goberno incumple a obriga de investigar o destino de máis de 130.000 desaparicións forzosas que aínda seguen sen aclararse en España, así como os casos de decenas de miles de nenos roubados e as 2.500 foxas sen exhumar.

Casos en Galicia

En Galicia e, especialmente en Vigo e a súa comarca, existen numerosas persoas desaparecidas como é o da famosa Rosario Hernández Diéguez ‘A Calesa’, unha rapaza de só dezaseis anos, vendedora de xornais e simpatizante do Partido Socialista. Nos primeiros días de setembro de 1936 foi violada, mutilada e finalmente asasinada. ‘A Calesa’ foi tirada ao mar fronte a illas Cíes.

Tamén en Galicia existen numerosas foxas sen exhumar. Recentemente, Nova Esquerda Galega atopou grazas á denuncia de familiares de represaliados unha desas foxas, nun Concello limítrofe a Vigo, onde están enterrados 5 militantes da Fronte Popular entre eles un home e unha muller de Vigo.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16576.html