Comunicado da ARMH-Galicia
27/11/2003
O pasado 6 de novembro a Xunta de Galicia impediu, por segunda vez dende a súa constitu-ción o 11 de setembro, a legalización da Asociación para a Recuperación da Memoria Históri-ca de Galicia por supostas irregularidades na documentación presentada no Rexistro de Aso-ciacións.
Ante esta situación, a ARMH-Galicia, quere denunciar ante a opinión pública os seguintes fei-tos:
1. Non son certas as deficiencias documentais aducidas dende a Xunta de Galicia con data do 14 de outubro de 2003, tal e como se deduce da lectura atenta da documentación presentada. Así, por exemplo, na primeira comunicación a Xunta nos conminaba a recolle-lo funcionamento democrático da Asociación sen reparar en que nos estatutos presentados xa se podía ler: 'A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da
Constitución e o resto do ordenamento xurídico' (artigo 6.2) polo que non era necesaria ningunha modificación ó respecto. Do mesmo xeito, os Estatutos xa recollían no seu artigo 29 outra das esixencias da Xunta: o número de asociados necesarios para propoñer a orde do día das asembleas.
2. Parécennos absolutamente infundados e carente de todo rigor os pretendidos problemas referidos á denominación da Asociación (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Galicia), no sentido de que non se axusta os fins declarados nos Estatutos, xa que nestes se pode ler: 'Impulsar o estudio e a difusión dos coñecementos sobre as víctimas da violencia política na historia de Galicia, con especial referencia ó período da Guerra Civil e o franquismo (artigo 2.A)'.
3. Cremos en ARMH-GALICIA, xa que logo, que os atrancos e o obstruccionsimo burocrático agachan a vontade política de impedir a existencia en Galicia dunha asociación como a nosa, así como o desenvolvemento das actividades e a consecución dos nosos fins.
4. Entendemos que eses impedimentos contrastan notablemente coa existencia legal de asocia-cións en todo idénticas á nosa en tantos e tan diferentes territorios do Estado español (ARMH; ARMH-Asturias; ARMN-Extremadura; ARMH-Cataluña; ARMH-Andalucía; ARMH-Valladollid, etc.).
5. Actuacións como a que denunciamos forman parte dunha manifesta e perseverante vontade do partido que sustenta tanto á Xunta como ó Goberno central de obstaculizar todo canto teña que ver coa recuperación da memoria, da historia veraz deste país, da dignidade e dos restos dos vencidos e esquecidos da nosa pasada Guerra Civil e a posguerra. Incúmplense, deste xeito, tódolos compromisos adquiridos como o acordado na Comisión Constitucional
do Congreso con data do 20 de novembro de 2002, onde por unanimidade se propuxo a reparación dende os poderes públicos 'a las víctimas de la guerra civil desaparecidas y asesinadas por defender valores republicanos y reconocer el derecho de los familiares y herederos a recuperar sus restos, nombre y dignidad'. Sen embargo, o Partido Popular impide no Congreso dos Deputados a iniciativa de corrixir tanta inxustiza anulando as sentencias franquistas ou o acto institucional de homenaxear ó póximo 1 de decembro ás víctimas daquel réxime, mentras que manten, nun alarde de cinismo que imposibilita unha auténtica reconciliación, as axudas estatatis á Fundación Francisco Franco ou a repatriación de restos dos expedicionarios da División Azul.
6. Manifestamos dende ARMH-Galicia o noso firme propósito de conseguir, por riba dos artificiais atrancos da Xunta, a nosa legalización para continuar traballando ó lado doutras asociacións no labor común de recuperación da nosa memoria.
En A Coruña, a 27 de novembro de 2003
Esther Trasorras
Presidenta de ARMH-Galicia
Teléfonos de contacto en Ourense:
988 243 809
696 540 133
José Cabañas González.- (Vocal de ARMH-Galicia)
|