http://www.foroporlamemoria.info - foroporlamemoria@nodo50.org
CIF E-85243020 - Registro de Asociaciones del Ministerio del Interior en el Grupo.1 secc.2 nº 50800
 
INICIO
Agenda
Noticias
Artículos y Documentos
Vídeos Memoria Histórica
Federación Foros por la Memoria
Documentos de trabajo de la Federación
Excavaciones del Foro por la Memoria





Noticias versión imprimir Enviar esta noticia a un amig@ Convertir a PDF
As Redes Escarlata outorgan o IV Premio Roberto Vidal Bolaño á asociación Verbo Xido e ao historiador Dionisio Pereira.
Dionisio Pereira leva o premio Vidal Bolaño mentres continúa a recibir apoios
(redesescarlata.org y culturagalega.org, 12-06-2007)


Reunidos en territorios da antiga freguesía de Bando, Compostela, os socios de Redes Escarlata X. Antón L. Dobao, Antón Figueroa, Francisco Fdz. Rei, Rosa López, Darío Xohán Cabana e o que labra esta acta, X.L. Méndez Ferrín, o día 26 de Maio do ano 2007, proceden a se constituír en xuri do Premio Roberto Vidal Bolaño e, tras fonda deliberación acordan outorgar dito Premio Vidal Bolaño a DIONISIO PEREIRA e VERBO XIDO.

 

Tivéronse en conta para esta escolla a longa traxectoria do premiado nos estudos de historia contemporánea, pola súa dedicación á reconstrución de todas as formas de abxección feixista e dos crimes perpetrados contra os fillos e fillas do pobo galego así como o seu intenso labor no asociacionismo e na impulsión de entidades culturais que, como VERBO XIDO, se caracterizan polo seu servizo á cultura popular e nacional.

 

As Redes Escarlata farán entrega do galardón o día 23 deste mes, en Cerdedo. A xornada abrirase ás 12 da mañá cunha conferencia a cargo de Anxo Angueira no Local da Cámara Agraria, co título "Asociacionismo e memoria política". Posteriormente, durante o xantar, entregarase o IV Premio Vidal Bolaño a Verbo Xido e a Dionisio Pereira, xunto cun cadro do artista ourensán Xosé Luís de Dios.

 

Actualizado: 12/06/2007

 

 

http://www.redesescarlata.org/

 

culturagalega.org, 13-6-07

Dionisio Pereira leva o premio Vidal Bolaño mentres continúa a recibir apoios

 

O colectivo Redes Escarlata outorgoulle ao historiador Dionisio Pereira e mais á asociación Verbo Xido, que el fundou, o premio Roberto Vidal Bolaño. A entrega do galardón farase o vindeiro día 23 en Cerdedo, nun acto que quere apoiar o investigador na demanda que ten aberta por sinalar os responsables da represión franquista nesta vila. Ao tempo, continúan as adhesións ao manifesto que reclama a fin do proceso contra Pereira.

 

 



http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=10143