Noticias

O Foro da Memoria organizará unha serie de actos entre os que está un xuízo simbólico a Fraga
La Voz de Galicia - 25/01/2006

http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?TEXTO=4453698


ÁLVARO BALLESTEROS


? Galería Sargadelos acolleu a presentación do Foro pola Memoria de Galicia, asociación que preside o escritor e historiador Xesús Alonso Montero, quen destacou que este ente nace co obxectivo de «escribir de novo a historia, porque a historia do 36 en adiante está escrita polos vencedores e os seus fillos, que silenciaron aos vencidos, os aldraxaron e perseguiron». Alonso Montero anunciou que o Foro pola Memoria organizará con ese obxectivo unha serie de actividades nos catro primeiros meses do ano, entre os que destaca un «xuízo» a Manuel Fraga Iribarne, ex ministro do Interior con Franco e ex presidente da Xunta, no que o propio Alonso Montero se encargará da parte acusadora. O profesor tamén espera «que este Goberno demostre que é de esquerdas e limpe as igrexas de Galiza, que case todas teñen un símbolo nazi: o xugo e as frechas».